O PP acusa a Lores de obrigar os funcionarios a emitir "informes express" para tratar de parar as emendas

Pontevedra
17 de decembro 2016

O grupo municipal do Partido Popular sinala que recibiu, a menos de 24 horas hábiles da celebración do Pleno, un informe que cuestiona un tema que non fora tratado nin por Intervención nin polo Secretario do Pleno nin polo portavoz do goberno Raimundo González 

Jacobo Moreira, portavoz do PP Mónica Patxot

O PP, a través dun comunicado, sinala que "a tolemia parece desatarse no gabinete de Lores" a tan só 72 horas da celebración do pleno dos orzamentos. O grupo municipal que lidera Jacobo Moreira afirma que o alcalde se atopa "desesperado, illado e en declive" para a continuación engadir que "estruja" á administración, "ordenando frenéticamente aos funcionarios emitir informes express".

Segundo sinalan os populares, nas últimas horas emitiuse un informe xurídico que se pronuncia sobre unha cuestión na que a Intervención non solicitou que se informase e ademais sobre a que nin o secretario do Pleno nin o portavoz do goberno, Raimundo González, chegaron a cuestionalo na comisión.

Nese informe indícase que a emenda do Partido Popular á Base 13 das bases de execución non está motivada, a pesar de ser votada no momento procedimental. Moreira entende que Lores quere torpedear o que foi votado e aprobado lexitimamente. O PP indica que emendará esta cuestión.

Apuntan, sinalando que Lores está "perdido como un pito sen cabeza", que se produciron irregularidades porque os informes teñen que estar emitidos e a disposición dos concelleiros no momento da convocatoria.

Finalmente, Jacobo Moreira sinala que segue tendendo a man ao goberno local para buscar o mellor orzamento para Pontevedra.