O PP acusa o BNG de ocultarlles información sobre os plans de Elnosa

Pontevedra
21 de xullo 2016

Elnosa iniciou xa no Concello a tramitación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) sen o cal a súa permanencia en Lourizán sería legalmente imposible. E o PP denuncia agora que o BNG ocultou esta información a oposición e acusan ao goberno municipal de "falta de transparencia"

Comisión de Urbanismo no Concello de Pontevedra

Elnosa iniciou xa no Concello a tramitación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) sen o cal a súa permanencia en Lourizán sería legalmente imposible. E o PP denuncia agora que o BNG ocultou esta información á oposición e acusan ao goberno municipal de "falta de transparencia".

Neste sentido, o portavoz dos populares, Jacobo Moreira, considera que "un asunto desta transcendencia" debería ter ocupado un punto na orde do día da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente "e así manter informados aos grupos da oposición".

Así, apunta que durante a celebración o mércores desta comisión, os nacionalistas "perderon unha boa oportunidade para facer gala dunha transparencia, que a todas luces non se practica neste Concello". 

O edil popular lamenta que os nacionalistas "volvan a ocultar información relevante" sobre o futuro de Pontevedra e de moitos pontevedreses.

"O escurantismo do BNG xa é a tónica dominante na súa xestión. Ocúltannos información e despois veñen a pedir apoio para asuntos que, unilateralmente, levaron a cabo", apunta o voceiro do PP.

Jacobo Moreira esixe a Lores e aos nacionalistas que na vindeira Comisión de Urbanismo integren a tramitación do PERI de Elnosa como asunto relevante na orde do día.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en