A través dunha moción, o grupo municipal do PP en Poio urxe ao Concello que realice as pertinentes xestiones ante administracións e empresas para que se mellore a conexión a internet que actualmente recibe a poboación. Aínda que as competencias en telecomunicacións son estatais "a Lei asigna aos municipios a responsabilidade da promoción e participación dos cidadáns no uso eficiente e sostible das tecnoloxías da información e as comunicacións".
A situación xerada pola pandemia conlevou un maior uso das novas tecnoloxías, polo iso o portavoz popular Anxo Moldes expón que "a falta de conexión a internet e cobertura de móbil de calidade provocan unha fenda dixital e limitan as oportunidades de veciños, autónomos e emprendedores de Poio".
Apuntan que "queda moito por facer" xa que varias zonas de Poio están lonxe dos obxectivos marcados pola Unión Europea de que todos os cidadáns tivesen acceso a un mínimo de 30 Megas neste ano; ou das recomendacións da universalización da internet ultrarrápido, 100 Megas.
Na moción presentada aluden aos programas e liñas de axudas que ofrecen Xunta e Unión Europea aos Concellos para financiar e dar asistencia técnica na mellora das telecomunicacións; solicitando ao goberno local que se acolla a todas as oportunidades que sexan posibles.