O PP de Pontevedra esixe ao Goberno que asuma os seus plans económicos para apoiar o orzamento municipal

Pontevedra
15 de decembro 2020

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e  Pepa Pardo, esixiron ao Goberno local que inclúa os seus plans económicos como condición para apoiar o orzamento do  Concello de Pontevedra para o ano 2021

Pepa Pardo e Rafa Domínguez en rolda de prensa
Pepa Pardo e Rafa Domínguez en rolda de prensa /

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Pepa Pardo, esixiron ao Goberno local que inclúa os seus plans económicos como condición para apoiar o orzamento do Concello de Pontevedra para o ano 2021.

O PP presentou o Plan de Compromiso Social e o Plan integral para o Emprego e Comercio local.

O primeiro dos proxectos pide destinar o 10% do orzamento para gasto social, o segundo, dotado con sete millóns, baséase nunha liña de axudas para os sectores económicos da cidade máis golpeados pola pandemia, ademais de incluír a abolición das taxas municipais por servizos que non se están prestando, como lixo ou augas.

En rolda de prensa Rafa Domínguez dixo que "si estas condiciones son llevadas a los presupuestos, estamos dispuestos a facilitarlos, a fin de que tanta y tanta gente pudiera verse beneficiada de ellos".

"Está en su mano pasar a la acción de una vez, articulando medidas que ya deberían haberse llevado a cabo, o continuar en el pasotismo y en la falta de diálogo con los afectados", engadiu o portavoz popular.