O premio da FEMP á rede de parques periurbanos, camiño de Pontevedra

Pontevedra
20 de outubro 2021

Nun acto celebrado en Madrid, a Federación Española de Municipios y Provincias entregou os seus premios de boas prácticas locais pola biodiversidade. Un deles, como se anunciou hai uns días, foi para a rede de parques periurbanos de Pontevedra, recoñecida dentro da categoría de infraestrutura verde

Entrega dos premios da FEMP ás boas prácticas locais pola biodiversidade

Nun acto celebrado en Madrid, a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) entregou os seus premios de boas prácticas locais pola biodiversidade.

Un deles, como se anunciou hai uns días, foi para a rede de parques periurbanos de Pontevedra, recoñecida dentro da categoría de infraestrutura verde.

O edil responsable de Montes, Alberto Oubiña, foi o encargado de recoller este premio.

Oubiña celebrou que este premio recoñece todo o traballo que se está a realizar dende o Concello pola recuperación dos espazos dos montes como lugar de lecer e encontro dos veciños e veciñas da cidade.

"É un incentivo para seguir traballando nesta dirección", destacou o concelleiro durante a recollida deste premio, que busca difundir as actuacións desenvolvidas polas entidades locais españolas no campo da conservación e a protección da biodiversidade.