O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados actuou este mércores en dous accidentes de tráfico con feridos

O Salnés
12 de outubro 2022

O primeiro sinistro tivo lugar na estrada provincial EP-9501, en Ribadumia e o segundo sinistro ocorreu na parroquia cambadense de Corbillón na estrada provincial EP-9005 á altura de As Laxes  

Accidente de tráfico na estrada provincial EP-9501, en Ribadumia Servizos de Emerxencias

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados actuou este mércores en dous accidentes de tráfico con feridos.

O primeiro sinistro tivo lugar na estrada provincial EP-9501, en Ribadumia.

O condutor da furgoneta, con iniciais J.L.A.O. de 22 anos de idade e veciño de Cambados, foi evacuado ao PAC de Cambados e posteriormente derivado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061 con dor cervical.

O segundo sinistro ocorreu na parroquia cambadense de Corbillón na estrada provincial EP-9005 á altura de As Laxes. 

O condutor do ciclomotor, un mozo de 17 anos e veciño de Cambados, foi evacuado en ambulancia polo 061 ao Hospital do Salnés con dor cervical, torácico e lumbar. O acompañante non quixo asistencia sanitaria.