Unha trintena de establecementos do centro histórico de Pontevedra ofreceron descontos, regalos, promocións ou degustacións no chamado "Venres Monumental", dentro da programación do 25 aniversario do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
A xornada tamén incluíu un desfile de moda na praza de Méndez Núñez e un "Espazo Artesanal", no ámbito do Mercado de Abastos e incluíu numerosas exhibicións de vellos oficios manufectureiros.
A festa continúa este sábado cun rocódromo, actuacións do mago Mario, inchables, animación, xogos e talleres no chamado "Finde Monumental", que ademais de dinamizar a actividade comercial tamén servirá para recadar fondos, para a protectora de animais " Os Palleiros".