O ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade estrea equipamento

Cerdedo Cotobade
26 de febreiro 2022

O material instalado é tanto fixo como móvil e pode adaptarse á práctica de diferentes actividades, tanto individuais como colectivas. Ademais, poderá usarse para traballo cardio-vascular, para traballo de forza, así como para traballo fitness

Visita o ximnasio de Cerdedo-Cotobade Xunta de Galicia

O ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade conta desde este sábado con novo equipamento.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, Luis López, e polo alcalde, Jorge Cubela, supervisou esta nova maquinaria coa que o ximnasio reforza a súa polivalencia.

Deste xeito, o material instalado é tanto fixo como móvil e pode adaptarse á práctica de diferentes actividades, tanto individuais como colectivas. Ademais, poderá usarse para traballo cardio-vascular, para traballo de forza, así como para traballo fitness.

O novo equipamento contou cun investimento de máis de 28.000 euros dos cales a Xunta de Galicia achegou o 84% e o Concello o restante 16%.

Este investimentó entra dentro das axudas da Secretaría Xeral para o Deporte dentro deste ano 2022. Trátase dun total de 11,3 millóns de euros para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns). Este ascenso alcanza o 118% con respecto a 2020.