Os amantes das mariscadas teñen unha cita en Raxó

Poio
23 de xullo 2024

A festa gastronómica do marisco de Raxo alcanza este ano o seu XV edición. Inaugurarase este mércores, día 24 de xullo ás 12:00 horas, e estará aberta ata o domingo 28 de xullo

Nécoras Juan Mejuto

A festa gastronómica do marisco de Raxo alcanza este ano o seu XV edición. Inaugurarase este mércores, día 24 de xullo ás 12:00 horas, e estará aberta ata o domingo 28 de xullo.

Este evento gastronómico organizado pola Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó e a empresa de eventos do Grove Jose A. Mouriño Álvarez conta coa colaboración do Concello de Poio.

Durante estes días, en horarios de comida e cea ofreceranse a todos os que visiten a carpa de degustación situada no peirao de Raxó, unha gran variedade de mariscos da ría, polbo, así como arroces preparados ao momento, empanadas, torta de Santiago, entre outras viandas.

Desde a Confraría de Pescadores de Raxó destacan que se trata dun evento gastronómico que ten unha "gran acollida entre todos os que nos visitan nestas datas de verán" e pretende dar a coñecer a gastronomía local e os produtos que se obteñen das nosas rías "que destacan pola súa altísima calidade e garantía a prezos populares".