O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, presidiu este martes unha reunión cos alcaldes e concelleiros dos 36 concellos adheridos ao Plan Revitaliza na que se fixo un "balance positivo" ante os "datos espectaculares" que está a ter esta iniciativa. Mesmo algún dos participantes pediu un aplauso para Mosquera.
A traxectoria percorrida polos técnicos e responsables políticos embarcados neste programa de compostaxe forxou unha estreita relación entre todas as persoas involucradas. Tanto é así que mesmo crearon un grupo de whatsapp co nome de "os amigos do estructurante" onde se resolven cuestións do día a día deste plan pioneiro.
Na reunión tamén se deu conta dalgunhas das novidades do programa que a estas alturas xa leva recollidos multitude de "datos consistentes" que permiten expor sobre as terreo decisións máis acertadas. Segundo sinalou o vicepresidente, todos os informes oficiais de Ecoembes, da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente apuntan que os biorresiduos constitúen o 41% do peso dos residuos urbanos, pero a realidade desta provincia sitúa a fracción orgánica no 53%. Isto inflúe de maneira "decisiva" á hora de deseñar calquera proxecto.
Os biorresiduos son os restos biodegradables de xardíns e parques, residuos alimenticios e de cociña procedentes de fogares, restaurantes, servizos de restauración colectiva e establecementos de consumo polo miúdo, e residuos comparables procedentes de plantas de transformación de alimentos. As preto de trescentas analíticas practicadas en todos os composteros instalados no marco de Plan Revitaliza conclúen que case todo o compost producido alcanza os niveis máis altos de calidade.
5% DE AFORRO EN PONTEVEDRA
Mosquera adiantou que mesmo se empezan a ter datos do que aforra cada concello ao diminuír coa compostaxe a cantidade de lixo que se envía a Sogama e a frecuencia de recollida da mesma. No caso de Vilaboa o aforro é dun 10% e en Pontevedra é de preto dun 5%.
A Deputación pon en marcha unha nova liña de axudas para que os concellos adheridos ao Plan Revitaliza na provincia poidan aplicar a compostaxe de xeito
gradual e por zonas dentro dos seus municipios.
Mosquera destacou a necesidade de que o aporte persoal teña un cofinanciamento por parte dos gobernos locais, deixando aberta a posibilidade de iniciar a contratación cunha subvención total para o primeiro ano, pero de ir incrementando a aportación municipal de xeito progresivo ata asumir o custe das prazas laborais na súa totalidade. A Deputación ten a 40 persoas traballando no programa de compostaxe e está prevista a incorporación doutras 25 máis, o que "desborda os límites" da institución provincial.
O vicepresidente asume que para o ano 2020 non se van a cumprir os obxectivos de reciclaxe dos residuos municipais marcados pola Unión Europea "polo menos que vaiamos avanzando". O obxectivo marcado é reciclar o 50% dos biorresiduos antes do ano 2020.