Os centros educativos da área sanitaria notifican un total de 411 casos activos na última semana

Pontevedra
15 de decembro 2021

En canto ás escolas infantís da área sanitaria contabilizan catro casos activos con dúas aulas pechadas no últimos sete días

Aula baleira Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este mércores dos datos covid-19 referidos ás Escolas infantís e Centros educativos.

Os centros educativos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés presentan un total de 411 casos activos cun total de 33 aulas pechadas no últimos sete días.

En canto ás escolas infantís da área sanitaria contabilizan catro casos activos con dúas aulas pechadas nos últimos sete días.

Entre os casos destacados na área sanitaria hai tres colexios da cidade de Pontevedra. Son o CEIP A Xunqueira 1 con 27 casos (ningunha aula pechada) o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús con 19 casos (1 aula pechada) e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Praceres con 17 casos (1 aula pechada). En Soutomaior o CPR Santiago Apostol presenta 20 casos e non teñen ningunha aula pechada.

En total en Galicia son 2.591 casos activos nos centros educativos, cun total de 214 aulas pechadas e 39 casos activos nas escolas infantís nas que hai 11 aulas pechadas no últimos sete días.