Os centros educativos de Sanxenxo ofrecerán educación afectiva sexual contra a violencia de xénero

Sanxenxo
30 de setembro 2021

A actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención de violencia de xénero para o ano 2021.

Colexio de Portonovo Concello de Sanxenxo

O colexio de Portonovo deu comezo a actividade impulsada dende o Centro de Información á Muller, "Educación afectiva sexual contra a violencia de xénero". As sesións formativas terán lugar nos sete colexios e nos tres centros de Educación Secundaria do municipio. 

A actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención de violencia de xénero para o ano 2021.

Este proxecto vai dirixido a alumnado de 5º de primaria e 1º ESO, e abordarase información educativa sobre a educación afectivo sexual, impartida por dous axentes de igualdade. Un dos obxectivos fundamentais é proporcionar información sobre a sexualidade de forma real e axeitada, coa sensibilidade precisa e adaptada ás idades as que vai dirixida a actividade.

De igual forma, conéctase coa prevención da violencia de xénero, no sentido da necesidade dunha educación afectivo sexual onde se promovan os valores de Igualdade, respeto entre iguais e o rexeitamento total das desigualdades que poidan ter lugar no ámbito da parella, e que poidan desembocar no futuro en distintas manifestacions da violencia de xénero.

Desta forma incidirase na desmitificación do amor romántico, dos celos e control na parella, co obxectivo fundamental de promover relacións saudables e equitativas baseadas no respecto mutuo e na Igualdade de oportunidades.

As accións formativas extenderanse aproximadamente ata o vindeiro mes de decembro.

BIBLIOTECAS

A pesar da situación sanitaria e a redución de aforos, polas tres bibliotecas municipais de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga pasaron máis de 10.000 persoas no último ano. Cun fondo bibliográfico que supera os 50.000 títulos entre libros, películas e revistas, Sanxenxo é un dos municipios galegos cun maior número de oferta de bibliotecas.