Os Chichisos tamén dan clase na escola

Vilaboa
03 de febreiro 2023

O Grupo de Música Tradicional e Asociación Cultural Os Chichisos ven de dar un concerto didáctico no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa

Concerto didáctico dos Chichisos no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa Os Chichisos

O Grupo de Música Tradicional e Asociación Cultural Os Chichisos vén de dar un concerto didáctico no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa.

O alumnado de esta escola, nenos de 3 a 6 anos, aprenderon a facer música cos diferentes instrumentos "humildes" tales como piñas, botella de anís, cunchas de vieira ou lata de pimentón, entre outros. 

E tamén probaron os instrumentos tradicionais como son a pandeireta, o bombo, o tamboril, o charrasco ou a gaita de fol.

Os Chichisos atoparon a total implicación e interés do alumnado e tamén dos familiares e especialmente os docentes aos que agradeceron a experiencia.