Dous novos módulos comunitarios de compostaxe comezan a funcionar a partir de mañá, mércores 11 de abril. Trátase dos que o goberno municipal instalou, con certa oposición veciñal, en Ponte Boleira e Camiño do Ferro.
As mestras composteiras estarán a partir das 17.30 horas a pé da instalación co fin de informar aos veciños sobre este proceso de tratamento de biorresiduos e aclarar dúbidas sobre o xeito correcto de selección do lixo en orixe ou calquera outro aspecto do proceso.
O Concello asegura que estes dous novos centros responden ao éxito do situado en Eduardo Pondal, no cruzamento coa rúa Teixoeira, que desbordou todas as previsións xa que é o triplo do previsto na planificación inicial.
Ademais, atende á petición por escrito por parte de veciños e veciñas da zona interesados en compostar os seus biorresiduos.
A demanda de composteiros comunitarios vai a máis na cidade, apuntan desde o goberno municipal, e para facer fronte a esta demanda contrataranse catro persoas para atender os centros de compostaxe en exclusiva.