Os comuneiros invitan á cidadanía a replantar as súas árbores de Nadal

Pontevedra
12 de decembro 2012

As comunidades de montes de Santa María de Xeve e Salcedo invitan aos cidadáns de Pontevedra "a que veñan a prantar as súas propias árbores"

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Monte Vivo presentou a campaña Re-Arborízate PontevedraViva

As comunidades de montes de Santa María de Xeve e Salcedo invitan aos cidadáns de Pontevedra "a que veñan a prantar as súas propias árbores".

A enxeñeira forestal, Laura Neto, explicou que a iniciativa pretente "poñer en valor o monte". Primeiro que os cidadáns leven polo Nadal ás súas casas unha árbore natural "son moito máis baratas e críanse en viveiros con esta finalidade" para que logo das festas sexan replantadas nun espazo natural onde estará localizada e identificada "mesmo co nome da familia que o traia".

Pero antes é imprescindible que o árboliño sobreviva ao Nadal, para o que Laura Nieto deu unha serie de consellos básicos como mantelo afastado das fontes de calor, con luz natural, regar o cepellón, e darlle algún respiro á árbore sacándoa á rúa o a terraza.

Se a árbore supera estas datas con éxito, o sábado 12 e o domingo 13, uns monitores esperarán ás familias nos lugares de Gatomorto e en Salcedo, para proceder á plantación"se lles entregará unha foto coa súa árbore, un localizador para que poidan seguir o seu crecemento; e poranlle o nome que consideren".

O Concello de Pontevedra apoia esta campaña que bautizou co nome de Re-arboriza e puxo a disposición o teléfono 986 851 424 e a dirección de correo electrónico montespontevedra@mundo_r.com para atender calquera tipo de dúbida ou solicitude de información.