Os follateiros saen faldricar pola Boa Vila

Pontevedra
11 de febreiro 2023

Se ben o Entroido será celebrado como tal entre o 17 e o 25 de febreiro, Pontevedra viviu xa este sábado un anticipo. O motivo non foi outro que a continuación dese achegamento, promovido polo Concello de Pontevedra, de dar a coñecer entroidos tradicionais que se celebran noutros puntos de Galicia, aproximando parte da súa riqueza etnográfica até a cidade 

Os follateiros de Lobios saen a faldricar pola Boa Vila
Os follateiros de Lobios saen a faldricar pola Boa Vila / Concello de Pontevedra

Se ben o Entroido será celebrado como tal entre o 17 e o 25 de febreiro, Pontevedra viviu xa este sábado un anticipo.

O motivo non foi outro que a continuación dese achegamento, promovido polo Concello de Pontevedra, de dar a coñecer entroidos tradicionais que se celebran noutros puntos de Galicia, aproximando parte da súa riqueza etnográfica até a cidade. 

Na tarde deste sábado houbo un pasarrúas dos follateiros de Lobios, unha ollada cara unha zona de Ourense onde aínda se mantén un forte entroido tradicional e teñen moito que ver con outras celebracións que se manteñen na comarca de Pontevedra.

Os Follateiros fan os seus traxes con "follatos", é dicir, follas de millo, seguindo unha tradición presente en pobos da serra do Xurés.

Ademais cos grans de cores vermellas, amarelos ou negros decoran a máscara de cartón, os cintos e os corpiños, que se fan tamén co carozo da mazorca.

Os homes levan un pau para faldricar ou levantar a saia ás mulleres, mentres que elas portan un toxo na punta do pau para evitar que llas levanten.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora