Os furancheiros piden ao concello de Marín que controle aos 'ilegais'

Marín
15 de marzo 2014

A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, reuniuse coa Asociación de Furancheiros de Marín, para tratar de resolver algúns problemas, que se lle presenta a este colectivo á hora de renovar e solicitar autorización para poder levar a cabo a actividade

Xuntanza da concelleira cos furancheiros Concello de Marín

A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, reuniuse coa Asociación de Furancheiros de Marín, para tratar de resolver algúns problemas, que se lle presenta a este colectivo á hora de renovar e solicitar autorización para poder levar a cabo a actividade.

Entre outros temas púxose sobre a mesa o problema que se encontran nalgunhas zonas que están situadas no rural, pero co novo plan queda clasificado como urbano, o cal implica que non cumpran cun dos requisitos que marca a ordenanza.

Outra das propostas da asociacion foi que se entregue un cartel identificativo dos furanchos de Marín no momento en que se lles de licenza, co cal, será perfectamente visible os furanchos autorizados. Esta proposta tivo moi boa acollida por parte da concelleira que se comprometeu a poñela en vigor o próximo ano.

Tamén se tratou o tema dos furanchos ilegais solicitando ao concello que se tomen medidas oportunas e se controle para que non exerzan esta actividade os que non conten coa licenza.

Cambiáronse impresións tamén sobre a solicitude da Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, que solicitan que se someta ao pleno o apoio a unha moción a favor do recoñecemento por parte da administración a solicitude do a nova Indicación Xeográfica Protexida de viños. Este feito respondería a unha longa demanda non satisfeita ao recoñecemento de viños en zonas de longa e documentada tradición vitivinícola que ata agora non tiñan a mesma cualificación de viños como noutras zonas da nosa comunidade autónoma.