Os máis pequenos reflexionan sobre como cambiar o mundo, no obradoiro do Ganapán no Mercado de Abastos

Pontevedra
29 de agosto 2020

O Ganapán continúa as súas actividades como espazo infantil do primeiro andar do Mercado coa intención de facilitar a conciliación familiar das persoas que traballan na praza de abastos de Pontevedra

Taller de O Ganapán celebrado no Mercado de Abastos
Taller de O Ganapán celebrado no Mercado de Abastos / Concello de Pontevedra

Continúan as actividades en O Ganapán, o espazo infantil situado no primeiro piso do Mercado de Abastos. Este sábado, os máis pequenos desenvolveron actividades relacionadas coas posibilidades que existen de cambiar o mundo cara a unha versión mellor.

Este espazo busca facilitar a conciliación familiar das persoas que traballan na praza de abastos do mesmo xeito que fomentar a presenza da clientela familiar achegando actividades lúdicas e didácticas, con propostas artísticas, gastronómicas, medio ambientais, musicais ou literarias.

Esta iniciativa foi escollida polo Ministerio de Educación e Cultura como proxecto-modelo dentro do Terceiro Encontro de Cultura e Cidadanía 2017, entre máis de 200 propostas realizadas desde todo o territorio do Estado.