Os orzamentos quedan aprobados de xeito definitivo ao non presentarse alegacións

Pontevedra
11 de xaneiro 2016

O concelleiro de Facenda e portavoz municipal do goberno local, Raimundo González afirma que nos próximos días vai publicarse no Boletín Oficial da Provincia. Agradeceu á oposición que non presentaran alegacións

Pleno municipal
Pleno municipal / Mónica Patxot

Finalmente non será necesario un novo pleno para a aprobación definitiva dos orzamentos do concello de Pontevedra xa que non se presentaron alegacións por parte da oposición nin tampouco por parte de particulares ao documento aprobado só polo BNG. Comisións Obreiras presentara un escrito que, posteriormente, retirou, apuntou o concelleiro de Facenda, Raimundo González. 

O portavoz do goberno local tamén quixo agradecer o espírito construtivo da oposición que tiña a porta aberta a someter de novo os orzamentos a votación da corporación, con independencia de que as alegacións fosen informadas a favor ou en contra polos servizos técnicos.

Aínda que os motivos das alegacións tiñan que ser reglamentados, sería obrigatoria celebrar un novo pleno para a aprobación definitiva do orzamento, no caso de que se presentaron e independentemente de que os informes fosen favorables ou contrarios por parte dos servizos técnicos.

O presupesto ascende a 71,9 millóns de euros, o que supón un incremento do 3,5 % respecto dos de 2015.