Os pontevedreses gastaremos 98 euros de media nas rebaixas

Pontevedra
08 de xaneiro 2019

A Federación Provincial de Comercio publicou a súa enquisa de intención de gasto por habitante nas rebaixas de inverno de 2019

Rebaixas de xaneiro Mónica Patxot

A Federación Provincial de Comercio publicou a súa enquisa de intención de gasto por habitante nas rebaixas de inverno de 2019, na que sinalan que na capital gastaremos 98 euros de media nas rebaixas.

Na comarca de Pontevedra a media de gasto por persoa sitúase ao redor dos 64 euros, unha cifra que supón un lixeiro aumento respecto ao ano anterior.

A Federación de Comercio estima que na cidade de Pontevedra o gasto ascenderá a 8.061.185  euros.

Esta patronal apunta que o 30% do orzamento destinado nas rebaixas deste ano xa se gastou antes do Día de Reis.