Os reclusos do Centro Penitenciario de A Lama serán os primeiros en recibir a "Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero"

Pontevedra
19 de outubro 2021

A Maleta Viaxeira achega libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista "a las mujeres y niñas de la provincia, aunque no únicamente", explicou a subdelegada do Goberno  

Manuela Vaillaboy, Maica Larriba e Andrea Monteiro
Manuela Vaillaboy, Maica Larriba e Andrea Monteiro / Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou este martes “MAVI: a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero”, un proxecto desenvolvido pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller, desta Subdelegación.

Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa de actividades arredor do 25 de Noviembre, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que está levando a cabo en Galicia a Delegación e as Subdelegacións do Goberno.

Durante a presentación do proxecto, Maica Larriba estivo acompañada pola responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, Manuela Vilaboy, e subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario de A Lama, Andrea Monteiro.

A Maleta Viaxeira achega libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista "a las mujeres y niñas de la provincia, aunque no únicamente", explicou a subdelegada. 

Tal e como indicaba Larriba, trátase de textos que "promueven la reflexión, la sensibilización y concienciación" sobre temas "determinantes" para "conseguir una sociedad más igualitaria y libre de violencias, favoreciendo un pensamiento crítico ante los estereotipos y roles de género que perpetúan estas violencias y desigualdades".

A maleta comezará a súa andadura no Centro Penitenciario de A Lama e continuará a súa viaxe por diferentes casas de acollida, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, centros de información á muller ou servizos sociais da provincia que soliciten a maleta para traballar coas súas mulleres usuarias. 

"Es un viaje sin fecha de vuelta", explicou a subdelegada, xa que a idea é que a maleta poida continuar percorrendo a provincia e aumentando ou variando os libros que viaxan nela. 

Nesta primeira etapa, a maleta conta con máis dunha trintena de libros infantís, xuvenís e para adultos, co obxectivo de que persoas de todas as idades poidan formar parte do proxecto.

Entre as obras que garda a maleta atópanse títulos como "Tú haz la comida, que yo cuelgo los cuadros: Trampas y tramposos en la cultura de la desigualdad" de Miguel Lorente Acosta; "A mí no me iba a pasar: Una autobiografía con perspectiva de género" de Laura Freixas; "Cansadas" de Nuria Varela; "El libro de la hija" de Inma López Silva; "Invisibles: Relatos del maltrato" de Montse Fajardo ou "Mujeres que compran flores" de Vanessa Montfort. A maleta contén tamén un diario de viaxe, no que as usuarias poderán escribir e compartir as súas reflexións sobre as lecturas.

Segundo informou a subdelegada, a día de onte na provincia de Pontevedra contabilizábanse 1.258 casos activos dentro do Sistema de seguimento de violencia de xénero (VioGén) con 1.232 vítimas. Catorce destes casos están tipificados como de risco alto e en 265, a vítima sufriu violencia por máis dun autor.