Os representantes dos grupos políticos con representación na corporación de Pontevedra foron convidados pola asamblea da Policía Local de Pontevedra a un encontro nas dependencias da Xefatura de Pontevedra durante este mércores 28 de setembro.
Neste encontro, os delegados e a delegada sindical de Comisións Obreiras e da UXT na Policía Local reuniranse con concelleiros dos grupos municipais do PP, PSOE, Marea Pontevedra e Cidadáns para informarlles sobre o estado no que se atopa o conflito laboral que manteñen co goberno local, centrado na petición de melloras salariais. Ao mesmo tempo, queren mostrarlles o traballo que realizan os axentes e as dificultades, limitacións e necesidades coas que conviven cada día.
Nas instalacións, os representantes sindicais queren denunciar in situ as deficiencias que, segundo denuncian, obsérvanse nas instalacións situadas no Pazo da Cultura nun espazo que, inicialmente ía ser provisional e onde a Policía leva instalada 16 anos.