As sete centrais sindicais convocantes da folga indefinida na administración de xustiza situaron nun 95% o seguimento da segunda xornada de paro, "máis que onte".
O comité de folga apunta que no conxunto das sedes xudiciais da cidade do Lérez tivéronse que suspender 46 xuízos e tres videoconferencias, que son xuízos que se están celebrando noutras localidades.
Os servizos mínimos están a cumprirse "a rajatabla", aseguran.
A través dun comunicado, a Xunta de Galicia rebaixa esta incidencia en Pontevedra ao 48,91% e lamenta os "incidentes" rexistrados no edificio da Parda en Pontevedra onde se obstaculizou o servizo do Rexistro Civil. Os sindicatos xa adiantaron que o volverán a colapsar este venres 9 e tamén o martes 13.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza confirmou que os servizos mínimos "están a cumprirse na súa totalidade" e que en toda Galicia participan no paro 1.137 traballadores dun total de 2.700 empregados públicos do sector xudicial autonómico que a secundan.
Durante esta xornada os sindicatos colapsaron o Rexistro Civil e colgaron durante uns minutos unha pancarta reivindicativa no balcón principal do Pazo de Xustiza, sede da Audiencia Provincial.
Os sindicatos acusaron á Xunta de "incendiar a folga" e advertiron que "os traballadores están moi indignados e isto vai para longo se non nos chaman con ofertas serias".
A Xunta cualifica de "absolutamente inasumible" o aumento salarial do complemento transitorio que demanda o comité de folga e que cifra "nuns 3.000 euros ao ano" por traballador público é para as arcas públicas galegas. A consellería de Alfonso Rueda insiste en que a proposta autonómica sitúa as retribucións dos funcionarios xudiciais da comunidade "por encima da media".
En concreto, a Xunta expón un incremento para partir do 1 de xaneiro de 2019 que se aplicaría en tres anualidades consistente en 75 euros ao mes (900 euros ao ano) para os xestores; 62 euros ao mes (744 ao ano) para os tramitadores; e 55 euros ao mes (660 ao ano) para os auxilios.