Oubiña, molesto cunha escena da serie "Fariña" planteará accións legais

O Salnés
02 de marzo 2018

O enfado do cambadés procede da primeira aparición do personaxe en pantalla, interpretado polo actor arousán Carlos Blanco, na que se recolle unha escena de sexo

Escena da serie "Fariña" Atremedia

Ao narcotraficante Laureano Oubiña molestoulle unha escena da serie televisiva "Fariña" e desde a súa contorna comunicaron que podería denunciar ao produtora Bambú Producciones e a Atresmedia.

O enfado do cambadés procede da primeira aparición do personaxe en pantalla, interpretado polo actor arousán Carlos Blanco, na que se recolle unha escena de sexo.

Tal e como avanzou El Correo Gallego, estas fontes avanzan que a próxima semana Oubiña remitirá un requirimento a Bambú Producciones, para advertirlles que se vulnerou o seu dereito á imaxe e á intimidade e en consecuencia, estudará reclamar unha indemnización pola vía civil.

Por este mesmo motivo, Oubiña tamén pediu os seus avogados que estuden accións legais contra a editorial 'Libros do KO' que publicou a obra "Fariña" de Nacho Carretero, na que está baseada a propia serie.