Panadería Acuña dá a benvida ao verán unindo tradición, amizade e a paixón do Mundial

Pontevedra
09 de xullo 2026

A empresa lanza unha campaña audiovisual que pon en valor o reencontro cos seres queridos arredor da gastronomía local e o fútbol

Vídeo promocional de Panadería Acuña Panadería Pastelería Acuña

Coa chegada da tempada estival e a crecente expectación polo Mundial, Panadería Acuña presentou un novo vídeo promocional que celebra o que verdadeiramente importa nestas datas: o reencontro cos nosos.

Baixo a premisa de dar a benvida ao verán, a iniciativa busca pór en valor a importancia de compartir momentos únicos, unindo a tradición e a amizade nunha mesma mesa.

A peza audiovisual reflicte unha escena moi arraigada na sociedade e propia do mellor ambiente.

Nas imaxes apréciase a un grupo de amigos moi novos reunidos arredor dunha boa churrascada mentres animan o seu equipo fronte ao televisor.

Entre risas, brasas e os nervios propios do partido, Panadaría Acuña sitúase como o acompañante indispensable da xornada, demostrando que nas mellores celebracións nunca pode faltar o pan tradicional e deliciosos produtos de Acuña.

Con esta pequena homenaxe aos costumes populares e á alegría colectiva, a firma galega convida a todos os seus clientes a preparar as súas propias celebracións e a vivir a emoción deste Mundial de Fútbol na mellor compañía, apostando sempre polo produto de calidade de toda a vida.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora