A parroquia de Seixo celebra as súas festas con actividades e devoción á Virxe do Carme

Marín
14 de xullo 2025
Actualizado: 10:07

A programación comeza este martes, 15 de xullo, ás 21.30 horas, coa misa e procesión das antorchas, acompañados do Grupo Folk Carballido. Inclúe a a ofrenda floral ás xentes do mar no Porto de Aguete

Presentación das Festas de Seixo Concello de Marín

A parroquia de Seixo celebrará as súas festas, enmarcadas dentro da programación das Festas do Carme, que foron presentadas polos concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña, xunto con Cristina Souto e Manuel Solla, da directiva de ACEMAS.

A programación comeza este martes, 15 de xullo, ás 21.30 horas, coa misa e procesión das antorchas, acompañados do Grupo Folk Carballido.

Para o mércores, ás 10.30 horas, está previsto o pasacalles da Banda de Música Cultural de Arcade e ás 11.30 horas será a ofrenda floral ás xentes do mar no Porto de Aguete, seguida de procesión ata a Igrexa de Seixo e misa ás 13.00 horas.

Xa o xoves, 17 de xullo, ás 12.00 horas, comeza actividade infantil de sombras chinescas e maxia de Ian e Elisa, na Casa de Cultura.

O venres, ás once da noite, haberá sesión discoteca co DJ Rubén na nova Praza do Mercado.

A xornada do sábado, inclúe a 5º Torneo Tiro de Chave que organiza ACD Gharaboto no campo de fútbol de Seixo, a partir das 10.30 horas.

E pola noite, ás 21.00 horas, será o concerto da Banda de Música de Marín, na nova Praza do Mercado, e ás 23.00 horas comezará a verbena coa Orquestra La Ola ADN, na Alameda.

O domingo, 20 de xullo, é o último día das festas de Seixo e ten programado ás 11.00 horas o Torneo de Billarda que organiza ACD Gharaboto no campo de fútbol e xa ás 21.00 horas serán os Cantos de Taberna cos Saljariteiros, na nova Praza do Mercado.