Petición da Deputación á Xunta de 200.000 máscaras para repartir entre menores

Pontevedra
21 de abril 2020

O goberno da Deputación Provincial acolle a proposta do Partido Popular para que a Deputación de Pontevedra poida distribuír este material de cara á saída que os menores de 14 anos van poder realizar a partir do vindeiro luns 27 de abril, sempre acompañados por adultos en percorridos para facer paseos pequenos

Carlos López Font, deputado de Economía Cristina Saiz

Carlos Font, deputado provincial, manifestaba este martes o seu agradecemento ao Partido Popular por propoñer que a Deputación de Pontevedra se encargue de distribuír entre diferentes concellos da provincia máscaras para os menores, que a partir do próximo luns 27 de abril poderán saír das súas casas sempre en compañía dos seus familiares para realizar pequenas andainas.

Desta forma, a Deputación solicitou á Xunta de Galicia que, da forma máis inmediata posible, envíe á institución provincial 200.000 máscaras co compromiso de iniciar a súa repartición entre os municipios para que, á súa vez, repartan o material entre os menores de 14 anos.

Font apunta a que a Xunta non debería ofrecer problema nesta subministración ao recibir do goberno central case dous millóns de máscaras e indica que a administración autonómica é a que posúe o mando único para a repartición de material de protección.