Cunha axuda económica de 49.000 euros, que chegará do Plan Concellos da Deputación, Poio decidiu adquirir unha máquina para limpeza das súas praias.
Coa compra desta maquinaria, o goberno municipal encargarase directamente de limpar os seus areais, especialmente nas épocas de primavera e verán, onde a asistencia de veciños e turistas é habitual.
Con esta última adxudicación a institución provincial leva concedido ao concello un total de 603.550 euros para gastos en investimentos.
Ao longo deste 2017, a Deputación entregou 412.519 euros para a estabilización do muro de contención da estrada e a continuación do paseo litoral de Campelo, e por outra banda 142.031 euros para a renovación de servizos e pavimentación do camiño de Pateira.
Ademais, adxudicáronse 149.242 euros para o pagamento de débedas a acredores e 226.802 euros para a contratación de persoal.
A suma das subvencións recibidas ata a data supoñen o 97,2% do total previsto polo Plan Concellos 2017 para Poio, cantidade que ascende a 1.008.010 euros.