O Concello de Poio enviará un escrito, a través da Concellería de Sanidade, ao Servizo Galego de Saúde para que achegue explicacións sobre as notificacións que o departamento dependente da Xunta de Galicia está a enviar a varios veciños do municipio, nos que se lles informa dun cambio de consultorio médico e que afecta a usuarios dos Centros de Saúde de Anafáns, na parroquia de San Salvador, e Combarro.
Segundo advirte o responsable responsable deste área a nivel municipal, o nacionalista Xosé Luís Martínez, provoca que "hai casos nos que veciños e veciñas que residen en Combarro se teñan que trasladar, a partir de agora, a San Salvador para realizar as súas consultas médicas, e viceversa. Queremos que a Administración autonómica nos aclare cales son as razóns deste cambio", indica o edil de Sanidade.
Neste sentido, o Concello teme que esta medida "xere incertidume" entre a cidadanía poiense. Ademais, Martínez amosa a súa sorpresa polo feito de que esta medida sexa adoptada pola Xunta de Galicia "cando nos atopamos en pleno estado de alarma".