Efectivos da Policía Nacional acudiron este mércores, arredor das 09:15 horas, ao IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
O motivo da intervención foi unha pelexa entre dous alumnos no momento de entrada ás instalacións do instituto.
Ao lugar desprazáronse dous vehículos da Policía Nacional e unha ambulancia. Os implicados no incidente son dous mozos de 18 e 21 anos de idade.
Segundo o testemuño recolleito polos axentes no punto, ambos os individuos xustificaron o enfrontamento físico pola existencia de "contas pendentes" entre eles.
Como consecuencia do contacto, un dos participantes presentou unha lesión no nariz e o outro danos no beizo, segundo fontes policiais.
Malia a presenza da ambulancia do 061, os dous mozos rexeitaron a asistencia dos profesionais sanitarios
Un dos involucrados comunicou a súa intención de interpor unha denuncia pola agresión. Curiosamente, o suceso produciuse na data de aniversario do mozo de 21 anos.
Engade Pontevedra viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.