Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila

Ponte Caldelas
07 de maio 2021

O Concello alcanza un acordo cos propietarios de dúas leiras situadas nas inmediacións da casa do concello que poderán comezar a utilizarse como zona de estacionamento a partir do 10 de maio

Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuitas en dúas parcelas no centro da villa
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuitas en dúas parcelas no centro da villa / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas alcanzou un acordo cos propietarios de dúas leiras situadas no centro da vila, nas rúas Brasil e México, para habilitalas como aparcamento. As parcelas estarán operativas a partir do luns e o municipio ampliará en 200 prazas o espazo de estacionamento gratuíto co obxectivo de facilitar as xestións de veciños e visitantes. 

As leiras están situadas na baixada das escaleiras do mural da troita, fronte á casa do concello e á beira doutra leira xa habilitada no 2015 como zona de aparcamento. 

Aseguran desde o goberno local que, desde a chegada de Andrés Díaz á alcaldía, en Ponte Caldelas duplicáronse as prazas de aparcamento no centro urbano, que suma agora 200 postos máis. 

Neste sentido, lembra o rexedor que tan pronto como rematen as obras da Rúa do Concello, recuperaranse as prazas de aparcamento inhabilitadas agora polas obras e engadiranse 13 adicionais. O mesmo sucederá na Estrada do Balneario.

Doutra banda, o Concello avanza na tramitación para a posta en marcha do aparcamento central, detrás da Ludoteca Municipal. Ademais, habilitáronse 45 prazas para turismos e 10 para motos no Paseo da Calzada á beira doutras dúas leiras destinadas a estacionamento gratuíto. 

"Ponte Caldelas segue medrando en poboación e, ademais, somos a área comercial de toda a comarca, polo que temos que adaptarnos ás novas necesidades que surxen, con cada vez máis vehículos no casco urbán que precisan aparcar para mercar, facer xestións e gozar de Ponte Caldelas”, indica Andrés Díaz.