Ponte Caldelas, primeira parada dos Reis Magos na comarca

Ponte Caldelas
05 de xaneiro 2024

As súas Maxestades de Oriente adiantaron un día a súa visita para atender aos nenos e nias de Ponte Caldelas nunha carpa instalada na Praza de España

Visita dos Reis Magos a Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

Os Reis Magos xa se deixaron ver na comarca, comezando a súa visita polo Concello de Ponte Caldelas.

As súas Maxestades de Oriente adiantaron un día a súa visita para atender este xoves 4 de xaneiro aos nenos e nenas de Ponte Caldelas nunha carpa instalada na Praza de España para resgardarse da choiva.

Foron moitos os nenos que se achegaron ata alí para ver de preto a Melchor, Gaspar e Baltasar, falar con eles e nalgúns casos aínda entregar a súa carta de desexos.

Os Reis repartiron caramelos durante a súa visita nunha xornada que contou con chocolate e rosca para todos os presentes.