O Recinto Feiral de Pontevedra abriu este sábado as portas á novena edición de Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego por excelencia, cun aroma inconfundible a mar, campo e tradición. Durante tres días, o mellor da despensa galega vístese de gala nun evento que mestura sabor, innovación e orgullo pola terra.
A cita arrancou cun acto institucional que contou coa presenza de representantes das principais institucións e entidades patrocinadoras, que coincidiron en que Etiqueta Negra é xa un símbolo da calidade e do talento galego. Entre os asistentes, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a conselleira do Mar, Marta Villaverde; o director xeral de Gandaría e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez; o delegado comercial de Estrella Galicia, Miguel Ángel Vázquez Becerra; e o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo Piñeiro, entre outras autoridades.
Na súa intervención, José Balseiros reivindicou o papel esencial dos produtores galegos, "a alma desta feira", e celebrou que Pontevedra "convértese estes días no corazón gastronómico de Galicia". Defendeu o valor das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) como selo de autenticidade e calidade. "En cada produto hai unha historia que contar, desde os viños e queixos ata as conservas e a carne de tenreira galega", dixo.
Balseiros tamén destacou a importancia da Artesanía Alimentaria galega, onde tradición e innovación se dan a man, lembrando que "a calidade non se improvisa: cóidase e mímase con agarimo".
O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, salientou a colaboración exemplar entre Xunta, Deputación e Concello, un "traballo conxunto ao servizo dun proxecto de enorme calidade". Para el, Etiqueta Negra é "xa a capital gastronómica de Galicia, e diría que de todo o noroeste", un espazo que medra ano a ano grazas ao esforzo dos organizadores, expositores e dun público cada vez máis fiel.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo o foco no potencial mariño de Galicia, "a despensa mariña de Europa". A súa Consellería participa por primeira vez cun espazo propio no que se dan cita oito empresas conserveiras e entidades como ANFACO-CECOPESCA, Pesca de Rías ou a DOP Mexillón de Galicia. Degustacións, showcookings e produtos premium —como a pescada de pincho ou as conservas artesás— completan un menú que promete conquistar todos os padales.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores pechou o acto reivindicando o carácter singular dunha cidade gourmet, salientando que "en Pontevedra as cousas non ocorren por casualidade. No noso ADN está poñer en valor o patrimonio, a lingua, o medio natural... e tamén o sector primario".
Para Lores, Etiqueta Negra é "o escaparate do gourmet galego" e un símbolo do traballo conxunto entre administracións.
Con máis de cen expositores, degustacións, presentacións e actividades abertas ao público, Etiqueta Negra reafírmase como unha cita imprescindible para descubrir os produtos máis selectos de Galicia. Viños que contan historias, queixos con alma, conservas que saben a tradición e innovación culinaria que mira ao futuro, todo cabe nesta feira que, ano tras ano, demostra que o sabor de Galicia non ten competencia.
Etiqueta Negra reúne máis de cen expositores e vinte novidades do sector gourmet galego: viños, licores, cervexas artesás, queixos, embutidos, conservas, doces, marmeladas, aceites, meles, patés, algas, salsas e outras moitas delicias seleccionadas pola súa orixinalidade e calidade.
O salón permanecerá aberto ata o luns 10 de novembro, en horario ininterrompido —de 11.00 a 21.00 h o sábado e domingo, e de 11.00 a 19.00 h o luns—, e contará cunha zona gastronómica e foodtrucks con propostas culinarias sobre rodas. A entrada custa 3 euros por día, ou 5 euros o abono para os tres días.

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra é un dos eventos premiados

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra é un dos eventos premiados

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025

Etiqueta Negra 2025
