Pontevedra porá en valor a 'cidade 30' co gallo do Día mundial contra a violencia viaria

Pontevedra
19 de novembro 2016

Organizado en colaboración coa asociación Stop Accidentes, este acto terá lugar o domingo 20 de novembro, a partir das doce do mediodía, diante da vella casa consistorial da Praza de España. Será baixo o título Nas cidades, velocidade 30

Xente paseando por Pontevedra abrigada do frío (arquivo) Mónica Patxot

Nos últimos cinco anos non houbo mortos nas estradas da cidade. Desde 2007 foron só tres. E nos dez anos anteriores a esa data rexistráronse ata trinta falecidos. E os feridos graves pasaron dos 129 que houbo no aos quince do pasado ano.

Son os datos que, segundo o goberno municipal, avalan a transformación que viviu a cidade nos últimos anos en materia de accesibilidade e de seguridade viaria. Por iso, co gallo do Día mundial contra a violencia viaria, o Concello organizou un acto conmemorativo en lembranza das vítimas que perderon a vida nas estradas do país.

Organizado en colaboración coa asociación Stop Accidentes, este acto terá lugar o domingo 20 de novembro, a partir das doce do mediodía, diante da vella casa consistorial da Praza de España. Será baixo o título Nas cidades, velocidade 30.

Nel, a presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, lerá o manifesto oficial da xornada e o alcalde, Miguel Fernández Lores, tomará a palabra para falar dos pasos dados en Pontevedra para acadar o obxectivo de cero vítimas por accidentes de tráfico.

O Seminario Permanente de Jazz porá a música no acto.

No ano 2010, Pontevedra converteuse na primeira cidade do Estado español, e ata agora a única, que ten velocidade 30 en todo o termo municipal.