Pontevedra recibirá 5.000 máscaras e 10.000 guantes da Xunta contra o coronavirus

Pontevedra
01 de abril 2020

Máis de 15.200 unidades de material de protección contra o coronavirus. É o que remitirá a Xunta de Galicia á cidade de Pontevedra esta mesma semana, segundo anunciou este mércores o goberno galego

Reparto de material contra o coronavirus
Reparto de material contra o coronavirus / Xunta de Galicia

Máis de 15.200 unidades de material de protección contra o coronavirus. É o que remitirá a Xunta de Galicia á cidade de Pontevedra esta mesma semana, segundo anunciou este mércores o goberno galego.

En concreto, a Xunta prevé enviar 5.164 máscaras, 10.000 guantes e 82 traxes.

Este reparto forma parte do despregamento que, a través da plataforma loxística habilitada en Galicia, está a facerse entre as sete grandes cidades galegas.

O goberno autonómico comezou este envío tras completar o reparto nos concellos pequenos e medianos, xa que dispoñen de menos recursos.

A cifra de unidades de protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas aos concellos ascenderá a finais esta semana, segundo destaca o executivo galego, a 685.000, en concreto, 472.000 guantes, 185.000 máscaras, 12.000 traxes e 16.000 batas. 

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.