Pontevedra, unha cidade 'orgullosa'

Pontevedra
19 de xuño 2024

Un acto público reivindicativo, coa colocación dunha pancarta no balcón da Casa do Concello, serviu para inaugurar os actos previstos en Pontevedra polo Día do Orgullo LGBTIQA+. A programación terá a súa primeira cita o vindeiro domingo 23 de xuño cun vermú do programa municipal Pinto e Maragota 

Colocación dunha pancarta no balcón da Casa do Concello polo Día do Orgullo LGBTIQA+ Mónica Patxot

Un acto público reivindicativo, coa colocación dunha pancarta no balcón da Casa do Concello, serviu para inaugurar os actos previstos en Pontevedra polo Día do Orgullo LGBTIQA+.

Representantes da corporación local despregaron a lona como mostra de apoio ao colectivo dunha cidade 'orgullosa'.

A programación deseñada con motivo do Día do Orgullo terá a súa primeira cita o vindeiro domingo 23 de xuño cun vermú do programa municipal Pinto e Maragota no Campiño de Santa María, onde se celebrará un "San Xoán diverso" amenizado cun DJ e coa degustación de petiscos.

Durante toda a semana, celebraranse diferentes eventos como a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, charlas, unha homenaxe á mestra María del Carmen del Valle o propio Día do Orgullo (venres 28 de xullo) e unha gran festa final o sábado 29 de xuño no parque das Palmeiras.