PontevedraViva, agora máis cerca: estreamos canle de WhatsApp

Pontevedra
23 de outubro 2025

Con este novo sistema, queremos estar máis preto de vós. Para que esteades ao tanto da actualidade dunha maneira rápida, cómoda e directa desde calquera dispositivo móbil

Abrindo WhatsApp nun teléfono Imaxe de antonbe en Pixabay

Boas noticias! Agora podes seguir a PontevedraViva directamente desde WhatsApp.

A través da nosa nova canle, recibirás cada día as noticias máis importantes, as historias máis interesantes e a última hora de todo o que ocorra en Pontevedra e a súa área de influencia.

Con este novo sistema, queremos estar máis preto de vós. Para que esteades ao tanto da actualidade dunha maneira rápida, cómoda e directa desde calquera dispositivo móbil.

COMO UNIRTE Á CANLE?

A canle de WhatsApp permite que nos comuniquemos contigo sen ningún tipo de esforzo. Só terás que ler e gozar do contido que che faremos chegar.

Seguirnos a través de WhatsApp é moi sinxelo:

1. Entra na pestana "Novidades" (abaixo á esquerda na app).

2. Toca a icona (+) que aparece xunto a "Canles" e busca PontevedraViva.

3. Pulsa o botón Seguir e activa a campá (arriba á dereita) para non perder nada.

Tamén podes facelo directamente pulsando desde este enlace.

Campá que hai que pulsar para recibir as notificaciónsPontevedraViva

 

QUE VAS ATOPAR?

Ao longo de todo o día, recibirás no teu dispositivo móbil unha selección dos contidos que as áreas de redacción e fotografía de PontevedraViva vaian publicando no xornal.

Non te preocupes: os arquivos que recibas por esta vía -audios, fotos ou vídeos- non se gardan no teu móbil e prometemos non saturar as túas notificacións.

 

A TÚA PRIVACIDADE, O PRIMEIRO

Nas canles de WhatsApp, a túa información está protexida. Todo é confidencial.

Nin nós nin o resto de persoas que nos sigan  poderemos ver os teus datos persoais, o teu número, a túa foto nin os teus estados. Tampouco sabemos se les ou non as mensaxes.

Só podemos ver cantas persoas seguen a canle, nada máis.

Se che queda algunha dúbida sobre como funcionan este tipo de canles de difusión, podes consultar a guía oficial de WhatsApp.