Portonovo é terra de 'jatos'

Sanxenxo
22 de febreiro 2026

Aproveitando a xornada de bo tempo, centos de persoas participaron na nova edición da Festa do Jato, o principal reclamo do Entroido portonovés

Festa do Jato en Portonovo

Agora que se fala tanto dos therian -persoas que aseguran identificarse de maneira psicolóxica e espiritual cun animal-, Portonovo reivindicou unha tradición similar.

E é que un ano máis, e xa van once, as rúas desta vila mariñeira encheron de gatos. Ou máis ben, de 'jatos'.

Aproveitando a xornada de bo tempo, centos de persoas participaron na nova edición da Festa do Jato, o principal reclamo do Entroido portonovés.

Os asistentes, vestidos e pintados como gatos -cada un co seu propio estilo-, compartiron un día de festa ao grande por todo Portonovo.

Na festa, que se alongou até altas horas da madrugada, non faltaron algunhas das súas actividades máis emblemáticas, como a popular carreira "Os jatos atrás dos ratos".

Festa do Jato en PortonovoConcello de Sanxenxo

Houbo ademais o xa tradicional concurso de disfraces, as actividades infantís con inchables ou a música na rúa.

A ambientación correu a cargo de Maklo DJ, Djow & Friends, da batucada Os Queimatasas e da Discomóvil Dolcevita.

O pregón, pola súa banda, estivo protagonizado por Nando Llon, baixista da orquestra La Fórmula.

A Festa do Jato converteuse cos anos nunha festa familiar e moi arraigada, que atrae a persoas tanto da comarca como doutros puntos de Galicia e de España.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en