Poseidón pasea a Hidra polas rúa da Boa Vila

Pontevedra
14 de agosto 2021

As nenas e os nenos que este venres paseaban por Pontevedra trataron de emular a Hércules para derrotar á Hidra. Ao monstro, de tres cabezas e 20 metros de longo, déronlle vida oito artistas que causaron a admiración de quen se topou coa Hidra pola praza de España, Michelena, Gutiérrez Mellado, Praza da Peregrina ou Curros Enríquez

Espectáculo "Hidra" de Pablo Méndez Performance Concello de Pontevedra

As nenas e os nenos que este venres paseaban por Pontevedra trataron de emular a Hércules para derrotar á Hidra.

Na mitoloxía grega, a Hidra de Lerna era un antigo e desapiadado monstro acuático con forma de serpe de varias cabezas.

Onte o deus Poseidón paseou á Hidra polas rúas da Boa Vila grazas á creatividade de Pablo Méndez e a súa espectacular performance.

Pontevedra lembrou esta posta en escena que xa se puido ver na última Batalla de Flores, hai dous anos.

Ao monstro, de tres cabezas e 20 metros de longo, déronlle vida oito artistas que causaron a admiración de quen se topou coa Hidra pola praza de España, Michelena, Gutiérrez Mellado, Praza da Peregrina ou Curros Enríquez.

A programación do teatro de rúa ha incluído as propostas de compañías como El Sidral, Barafunda, Rivel, Troula e La Fiesta Escénica, esta última sairá este sábado novamente pola cidade do Lérez.