Primeiras inspeccións en Sanxenxo e Portonovo para controlar o lecer nocturno 'post-covid'

Sanxenxo
07 de xullo 2020

Dezasete puntos da xeografía galega foron os lugares escollidos polos axentes da Policía Autonómica para comprobar, ao longo da fin de semana, o grao de cumprimento das medidas establecidas polas autoridades ante a reapertura das discotecas e pubs nocturnos

Inspeccións no lecer nocturno de Sanxenxo Xunta de Galicia

Dezasete puntos da xeografía galega foron os lugares escollidos polos axentes da Policía Autonómica para comprobar, ao longo da fin de semana, o grao de cumprimento das medidas establecidas polas autoridades ante a reapertura das discotecas e pubs nocturnos.

Os controis establecidos pola Policía Autonómica, entre outros puntos, realizáronse nos principais locais da movida nocturna de Sanxenxo e Portonovo.

Os axentes, repartidos en varias quendas, revisaron que todos estes establecementos estivesen a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión da COVID-19.

En total, realizáronse 73 inspeccións en toda Galicia. Nelas foron identificadas 65 persoas, entre outras cousas, por no levar a máscara de protección obrigatoria, e levantáronse 35 actas de infracción contra os establecementos por diversos incumprimentos da normativa.

Segundo informa a Xunta de Galicia, os axentes detectaron irregularidades en materia de hixiene, aforo ou acondicionamento dos locais.