Produtos de tempada para aprender a cociñar en Cuntis

Umia
28 de maio 2022

 A deste venres foi a primeira xornada do curso de primavera e os asistentes tiveron a oportunidade de cociñar diferentes pratos típicos desta época do ano creados a partir de produtos de tempada de primeira calidade e seguindo as instrucións dunha chef profesional encargada de impartir a actividade

Curso de cociña tradicional en Cuntis Concello de Cuntis

A Casa do Médico de Cuntis acolleu este venres unha nova edición das actividades de cociña do Concello. Nesta ocasión, foi a quenda do inicio do curso de cociña tradicional de primavera, no que os reis do menú foron os produtos de tempada. 

A deste venres foi a primeira xornada do curso de primavera e os asistentes tiveron a oportunidade de cociñar diferentes pratos típicos desta época do ano creados a partir de produtos de tempada de primeira calidade e seguindo as instrucións dunha chef profesional encargada de impartir a actividade.

A concelleira de Cultura, Concepción campos, destacou a través dun comunicado a boa acollida que están a ter este tipo de obradoiros formativos que se veñen organizando nos últimos anos. 

A responsable municipal tamén sinalou que as persoas asistentes a estas iniciativas obteñen novas ideas para logo poñer en práctica nos seus fogares.