Protesta ante os hospitais para demandar melloras nas condicións dos profesionais sanitarios

O Salnés
18 de xuño 2025
Actualizado: 17:55

CIG-Saúde reclama ao Ministerio de Sanidade que a nova clasificación profesional, en proceso de negociación desde fai máis de dous anos, teña efectos retributivos reais

Protesta polo Estatuto do Marco Sanitario en Montecelo CIG

Cunha concentración de protesta de profesionais sanitarios fronte ao Hospital do Salnés e no Hospital Montecelo de Pontevedra, a CIG-Saúde escenificou este mércores a reclamación dunhas mellores condicións salariais e laborais.

En concreto, sinala o sindicato, reclaman ao Ministerio de Sanidade que a nova clasificación profesional, en proceso de negociación desde fai máis de dous anos, teña efectos retributivos reais.

A CIG considera "inaceptable" que despois de tanto tempo de negociacións o Ministerio manteña unha proposta sen impacto económico para o persoal da sanidade pública.

Por iso avanza que si no próximo borrador non se recolle esta reivindicación, iniciará un calendario de mobilizacións en defensa dos dereitos do persoal do Sistema Público de Saúde.

Entre as reivindicacións están aspectos como o recoñecemento das gardas localizadas no cómputo horario e de descancos, así como a redución da xornada máxima semanal.

Protesta convocada por CIG Saúde no Hospital do SalnésCIG