Queimada en Chamadoira polas festas de San Bartolomé

Cerdedo Cotobade
17 de agosto 2022

Haberá venda de polbo á feira e racións de empanada e a tradicional queimada porá o punto e final ás celebracións

Presentación das Festas de Chamadoira Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o presidete da Comisión de Festas de Chamadoira, José Antonio Garrido presentaron a programación das festas na honra de San Bartolomé que se celebrarán o sábado 20 de agosto neste lugar da parroquia de Cerdedo.

O programa festivo arrancará á mañá cedo cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Cerdedo que tamén acompañará á procesión e ofrecerá un concerto ao rematar a misa solemne.

Ás 13 horas o cura párroco oficiará a misa solemne seguida de procesión arredor da igrexa.

A partir das 20 horas, no entorno do campo da festa venderase polbo á feira e racións de empanada para que as persoas que así o desexen repoñan forzas e se preparen para afrontar a verbena amenizada polos grupos “Arena” e “Los Tres Latinos”.

Ao remate da verbena farase a tradicional queimada para que sexa degustada por todos aqueles que permanezan no campo das festas disfrutando da música e do ritmo dos grupos ata o remate.

O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu o traballo de José Antonio Garrido e dos membros da Comisión de Festas e felicitounos polo esforzo realizado para seguir mantendo as tradicións.