Quince 'Mulleres da Vila' para visibilizar e homenaxear as emprendedoras de Pontevedra

Pontevedra
07 de marzo 2022

Mostra das 15 fotografías que a Concellería de Igualdade distribuirá entre os establecementos comerciais participantes no proxecto 'Mulleres da Vila 2022' dentro do programa de actividades do 8M

Imaxes de 'Mulleres da Vila 2022'
Imaxes de 'Mulleres da Vila 2022' / Concello de Pontevedra

O vindeiro xoves, 10 de marzo, a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, fará un percorrido polos escaparates dos negocios participantes na mostra fotográfica do proxecto 'Mulleres da Vila', coordinado pola artista visual Patricia Maquieira e co que se busca visibilizar e homenaxear o traballo de 15 mulleres emprendedoras que dirixen un establecemento en Pontevedra.

A través das 15 fotografías expostas nos seus escaparates, preténdese incidir "na coraxe, valentía, vontade, carisma e entrega que están detrás dun labor sen o cal as nosas rúas non terían vida, cor e alegría", tal e como explicou a concelleiro a semana pasada.

Para lograr ese obxectivo, tamén se elaborou un vídeo no que elas mesmas contarán as súas historias, que será difundido a través das redes sociais.

Esta exposición forma parte do programa de actividades do Concello de Pontevedra con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

As imaxes serán as seguintes:

Rúa Cruz Vermella:
- CUADERNA MAESTRA - MARÍA JOSÉ VÁZQUEZ
- LAWEN- ART ESTUDIO - LAURA GALLEGO

Rúa Perfecto Feijoo:
- PELUQUERÍA D`KBEZA - EVA ESTÉVEZ E MARI CASALDERREY

Rúa  San Antoniño:
-FRUTERÍA SONIA - SONIA MIÑÁN

Rúa Javier Puig:
-LIBRERÍA TINTEIRO - ELENA IGLESIAS 

Rúa Gonzalo Gallas:
-LIZ ESPERÓN - ELISABETH ESPERÓN

Rúa Antón Fraguas:
-ESTILOARAMAR - VIVIANA ARAÚJO 

Rúa Loureiro Crespo:
- AQUELARRE - MARÍA DIZ 
-Muebles Qka - CARMEN PEREIRA
-ADMINISTRACIÓN DE LOTERIAS 7 - DORITA - ANA MUÍÑOS

Rúa José Adrio Barreiro:
- MERCERÍA LEMBRANZAS - GUADALUPE BOULLOSA 

Rúa Pintor Laxeiro:
- OLLADAS - CENTRO ÓPTICO - ÁNGELES RIVEIRO 
- NURIA NERGA- NURIA NERGA

Rúa Fray Juan de Navarrete: 
- TON SAC - MARIÁN BARROS 

Rúa Peregrina:
- GRANO DE ORO - ADELA GRANADOS