A hiperplasia benigna de próstata (HBP), agrandamiento benigno da próstata que dificulta a función miccional nos homes, pódese abordar cunha técnica innovadora, minimamente invasiva, que non compromete a continencia urinaria nin a función sexual.
A hidroablación prostática utiliza imaxes en tempo real e un sistema robotizado cun chorro de auga de alta precisión para executar as reseccións da próstata sen o uso de enerxía.
Así, os pacientes benefícianse de "unha recuperación rápida, con alta hospitalaria en 48 horas, o que lles permite retomar as súas rutinas anteriores e unha gran maioría recupera os seus hábitos deportivos", destaca o Dr. Antón Zarraonandía, especialista en Uroloxía do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
O experto, formado na técnica da hidroablación con AquaBeam, subliña que este procedemento "ten un menor risco de incontinencia e disfunción sexual e, a diferenza das abordaxes clásicas, mantén a función exaculatoria, porque a tecnoloxía permite ser moi precisos durante a intervención".
A precisión baséase nun sistema de navegación guiada con imaxes a tempo real que "nos permite aos profesionais visualizar e planificar a intervención de maneira personalizada", explica o especialista do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, único centro no noroeste peninsular que utiliza esta técnica.
ROBÓTICA E IMAXENOLOxÍA DE VANGARDA
A intervención robótica combínase con imaxenoloxía avanzada (uso clínico de imaxes de diagnóstico), en tempo real, para realizar unha resección precisa e personalizada que se adaptada ás características anatómicas de cada paciente.
O cirurxián visualiza toda a próstata en tempo real, mapea que partes extirpar e cales evitar. Tras a planificación cirúrxica, un chorro de auga sen radiofrecuencia controlado roboticamente extirpa o tecido prostático identificado.
Ao ser unha técnica minimamente invasiva reduce o trauma nos tecidos circundantes da próstata, o que se traduce nunha recuperación máis rápida. Ademais, a intervención no quirófano apenas dura uns 30 minutos.
SOBRE QUIRÓNSALUD
Quirónsalud é o grupo de saúde líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica.
Conxuntamente, conta con máis de 50.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 57 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias.
Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun grande equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional.
Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitari Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (dez dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións.
Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardiología, endocrinoloxía, ginecoloxía e neuroloxía, entre outras.