RADIO.- 'El club da esquina' escolle versións orixinais

Pontevedra
08 de xuño 2018

Composicións que foron adaptadas a outras voces e estilos diferentes aos orixinais. En 'El club de la esquina' de PontevedraViva Radio, Tino Domínguez selecciona esas versións orixinais e alguns dos seus 'covers'

O xornalista e músico Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" Mónica Patxot

Tino Domínguez consegue nesta entrega de 'El club de la esquina', un programa orixinal. Unha hora de música con temas orixinais e adaptacións posteriores das primeiras.

O 'Pata pata' de Miriam Makeba, 'Mamá África' e a versión que fixeron os Playing for Change, así como do 'Teach your children' de Crosby, Stills & Nash versionado ademais polos pontevedreses Black Stones.

Estes tamén adaptaron o 'I will' de The Beatles, como o propio Paul McCartney. 'I' ll cry instead' é outra das composicións dos de Liverpool que se inclúe neste programa de PontevedraViva Radio e do que podes escoitar a versión feita por The Shooters.

O 'Bésame mucho' de Consuelo Velázquez tamén tivo réplicas como as que selecciona Tino Domínguez en voz de Diana Krall e dos mismísimos The Beatles, quen tamén contan no seu repertorio cunha reinterpretación da 'Luna de miel' de Gloria Lasso, que igualmente cantou Paloma San Basilio.

De terras charras extrae o 'Méjico lindo e querido' de Chucho Monge e recupera a interpretación de Jorge Negrete e de Playing for Change.