RADIO.- El club de la esquina trae un primeiro especial sobre Eurovisión

Pontevedra
04 de maio 2018

O próximo 12 de maio celebrarase en Lisboa o Festival de Eurovisión. Tino Domínguez á fronte do club da esquina, trae a PontevedraViva Radio un primeiro programa especial sobre este certame.

Tino Domínguez presenta "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio Mónica Patxot

Ante a inmediata celebración do Festival de Eurovisión, "El club de la esquina" dedica este programa e o da próxima semana a facer un repaso histórico polo concurso.

Neste primeiro programa o músico e xornalista Tino Domínguez, inclúe as cancións que resultaron gañadoras desde 1956, ano do seu comezo ata 1979. De igual forma fai parada nos intérpretes e temas que en cada ocasión representaron a España.

A pesar de que o inicio do festival televisivo foi no 56, ata 1961 non houbo representación española. En dúas ocasións, a representación levou o primeiro lugar: en 1968 con Massiel e 1969 con Salomé.

Estas e outras moitas historias podes coñecer en PontevedraViva Radio, durante algo máis de dúas horas de programa.