RADIO.- Elena Vitoria: "A hostalería é un apoio ao resto do comercio e empresas dunha cidade"

10 de novembro 2020

Uns 700 establecementos de hostalería exercen a súa actividade na cidade de Pontevedra. Un sector enfilado por esta pandemia. En  PontevedraViva Radio fala Elena Vitoria, portavoz da asociación hostaleira Hoempo

Elena Vitoria, voceira de Hoempo, en PontevedraViva Radio
Elena Vitoria, voceira de Hoempo, en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Elena Vitoria é portavoz de Hoempo. Con ela en Mentres isto dure facemos números. Os que seguen correndo para o sector hostaleiro a pesar de volver a botar o peche. Uns 700 establecementos de hostalería exercen a súa actividade na cidade de Pontevedra; negocios, que non postos de traballo directos que dependen deste sector na capital. E non son só os directos, tamén hai unha pirámide de postos indirectos afectados polo peche da hostalería.

Esa pirámide vai desde os produtores do sector primarioelaboradores de múltiples tipos (desde os que seguen a cadea do sector primario pasando por consumibles - panos de mesa, sobres de azucre, vaixela...-), distribuidores provedores (carnicerías, peixerías, panaderías... que corresponden ao comercio local ou de proximidade).

Que gastos hai que afrontar a pesar dun mes de peche e en que cantidade tradúcese?, Vitoria explica en PontevedraViva Radio "só un cesamento de actividade temporal impediría ter a maior parte dos gastos. Os de mantemento seguen correndo polo feito de ter un negocio vinculado a unha persoa física, ou entidade xurídica: aluguer ou hipoteca, asesoría, seguros, subministracións, mantemento de equipamentos, SGAE, taxas, Seguridade Social, ..." e engade un exemplo con cifras.

Outros números dos que falamos con esta portavoz, corresponden ás axudas procedentes de diferentes administracións, non exentas de letra pequena. Elena Vitoria apunta situacións que se teñen dadas como a de "hostaleiros a quen esta situación fixo imposible o pago de autónomos e esa débeda coa Seguridade Social impídelles recibir dita achega".