Rafa Domínguez ofrece axuda á xunta de persoal do Concello nas súas reivindicacións laborais

Pontevedra
16 de outubro 2019

O portavoz do grupo municipal popular mantivo unha reuniu este mércores cos representantes sindicais dos traballadores do Concello de Pontevedra

Reunión do Partido Popular de Pontevedra coa xunta de persoal do Concello Partido Popular de Pontevedra

O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola súa compañeira Pepa Pardo, mantivo este mércores un encontro cos delegados sindicais que compoñen a xunta de persoal do Concello de Pontevedra.

Na reunión "todos nos han dicho que la situación es complicada", sinalou o popular en relación ás reivindicacións dos traballadores municipais, que pasan entre outras pola petición dun incremento salarial ou o incremento de persoal en determinados postos.

Dóminguez explicou que a súa intención é "ayudarlos en todo lo que podamos" porque "que los funcionarios del Concello no estén contentos es un motivo de preocupación para el Partido Popular", sinalou.

Ambas as partes emprazáronse a seguintes reunións coa idea de manter unha comunicación fluída.

Na reunión estiveron representados os sindicatos CSIF, Sindicato de Policías, UXT, CCOO, Afumpo e CIG.