Rajoy visita a sede da Deputación da que foi presidente

Pontevedra
05 de agosto 2024

O presidente provincial acompañou o expresidente nun percorrido polo Pazo provincial, durante o que conversaron con membros do executivo da Deputación

Mariano Rajoy e Luis López Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao expresidente do Goberno e da Deputación, Mariano Rajoy.

O titular do goberno provincial acompañou o expresidente nunha visita polas distintas estancias do Pazo provincial, na que conversaron con membros do goberno. 

Así mesmo, López e Rajoy visitaron a Sala de Comisións, onde se atopan retratos dos presidentes da Deputación ao longo dos seus 188 anos de historia agás os dous últimos titulares da institución: Rafael Louzán e Carmela Silva.

Mariano Rajoy foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra entre os anos 1983 e 1986, para exercer logo como deputado no Congreso e despois, a finais do 1986, como vicepresidente da Xunta.

Entre 1996 e 2004 dirixiu ministerios como o de Administracións Públicas, Educación y Cultura, Presidencia ou Interior, tamén foi vicepresidente e voceiro do Goberno. Entre 2011 e 2018, foi presidente do Goberno.